Polo asado con mazá
Tiempo de preparación: 50 minutos
Comensales: 3 persoas
Nivel: fácil
Ingredientes
- 1 polo de Curral
- 2 cebolas
- 5 mazás
- 1 laranxa espremida
- 1/2 vaso de viño branco
- Aceite de oliva virxe extra
- Sal
- Pementa negra
Preparación
1.Comezarase por pelar as cebolas e as mazás. As cebolas picaranse en juliana e as mazás en anacos. En canto, pódese prender o forno para que vaia quecendo uns 10 minutos.
2.Picarase o polo ao gusto e botaráselle sal e pementa antes de o pór nunha bandexa de forno e de lle botar por riba un chorro de aceite, o zume de laranxa, a cebola e os anacos de mazá.
3.Deixarase no forno a 200º arredor de 40 minutos, vixiando de cando en vez para que non se torre de máis.
4.Cando pasen 20 minutos, engadirase o viño branco e deixarase cociñar o tempo restante.
Presentacion
Nun prato chan, porase un anaco ou dous de polo xunto coa salsa, a cebola e un par de anacos de mazá. Pódese acompañar este prato dunha ensalada, verduras ou arroz salvaxe.