Dúbidas frecuentes
- En que franxas horarias facemos o reparto dos pedidos?
Lévamosche o teu pedido no mesmo día que o formalizas, desde as 11.30 da mañán ata as 14 de luns a venres, sempre e cando realices a túa compra desde as 09.00 ata ás 11.30.
Se efectúas a túa compra fóra deste horario, levarémosche o teu pedido o seguinte día hábil.
- Como podes contactar con nós?
Para calquer dúbida, consulta ou suxestión podes contactar con nós, chamándonos ao número de teléfono 986 89 11 12, ou ben a través da dirección de correo electrónico info@mercadomarin.com.
- Qué ocorre se non hai algún dos produtos que compraches?
Se non temos algún dos produtos que compraches eliminan directamente do teu carriño e tamén o seu importe. É dicir se un produto non o temos e non cho servimos, réstase directamente do teu importe e en ningún caso se cobra.
De todas maneiras o noso persoal darache outras alternativas ao produto que elexiras pero que non temos, buscando sempre o máis parecido nop prezo e características ao que pediras.
- Podo comprar a calquera hora?
Sí, podes comprar a calquera hora pero se realizas o teu pedido máis alá das 11.30, entregaremosche a mesma ao día seguinte hábil (de luns a venres). Isto aplícase a todos os pedidos, incluídos os de recollida no posto
- Os prezos actualizanse diariamente?
Todos os prezos dos nosos productos inclúen o IVE e son os que rixen ese día no mercado. Aínda que se actualizan diariamente ten en conta que hai produtos (froita, verdura e peixe) que normalmente varían dun día a outro. Se realizas a compra entre as 15.00 e as 9.00 horas do día seguinte pode que algúns artigos cambiaran de prezo (a veces á baixa, outra ao alza) cando cho vaiamos a levarcho.
- Por qué se rexeita a túa tarxeta de crédito?
1 .Que esté caducada .
2. Que houbeses excedido o importe permitido para realizar compras.
3. Que te equivocases nalgún dos datos introducidos.
Para calquer dúbida, consulta ou suxestión podes contactar con nós en info@mercadomarin.com