Como funcionamos
MÉTODO DE ENVÍOS E HORARIOS DE ENTREGA
Os pedidos entregaranse no domicilio designado polo USUARIO COMPRADOR no momento da contratación.
Sempre e cando o USUARIO VENDEDOR ofreza esta opción, o USUARIO COMPRADOR poderá tamén recoller o pedido no posto da praza do USUARIO VENDEDOR.
O ámbito de entrega recolle as seguintes zonas: Concello de Marín.
A xestión loxística dos pedidos corresponde a Praza de Abastos de Marín, que utilizará unha moto eléctrica para efectuar o reparto. O mesmo, efectuarase de 11.30 a 14. de luns a venres (excepto os días que non haxa Mercado e o 24 e o 31 de decembro).
O USUARIO COMPRADOR, comprométese a proporcionar a Praza de Abastos de Marín os datos de dirección de entrega correctos que serán utilizados para a realización do envío. En caso de realizar un pedido e que este esté en proceso de entrega e non se poida entregar por motivos alleos á Praza de Abastos de Marín o USUARIO COMPRADOR non terá dereito a reclamación algunha. Os gastos de envío, serán de 3€ para os pedidos inferiores a 60€ e serán de balde para os pedidos superiores a 60€. Para estes supostos, aparecerá na pantalla de compra-venda, a opción de seleccionar «Envío gratuito»
Os prezos dos produtos poden variar en calquera momento. Neste caso, o prezo a aplicar será o vixente na data de realización do pedido. De calqueira modo, o custo final será comunicado ao USUARIO COMPRADOR no proceso de compra electrónica antes de que éste formalice a súa aceptación.
Os pedidos serán entregados entre as 11.30 e as 14.00 do día no que se formaliza o pedido, tendo en conta que estos se efectúan de luns a venres en horario de 09 a 11.30, debido á tipoloxía do produto que se vende na praza. No caso de realizar pedidos fóra deste horario, entregaranse no día hábil seguinte. En todo o momento o USUARIO COMPRADOR, saberá en que punto se atopa o seu pedido, xa que se avisará do mesmo a través do correo electrónico. As distintas fases nas que se pode atopar un pedido son: – Procesando e – Completado. Cando pase a Completado, o pedido atoparase en reparto.
En casos de moita recepción de pedidos e debido ao proceso de preparación dos mesmos, o prazo de entrega poderá exenderse máis alá das 14h, sen que isto supoña ningún tipo de contraprestación ao USUARIO COMPRADOR.
SISTEMA DE PAGO
A Praza de Abastos de Marín pon a súa disposición as seguintes formas de pago:
a. Pago online Servired/Redsys
Pode realizar o pago de maneira inmediata a través da pasarela de pago seguro SSL Servired/RedSys (La Caixa). Esta pasarela envíao ao TPV da súa entidade bancaria para ingresar a súa información para o pago. Os datos tanto persoais como bancarios trataranse de conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679 de 27 de abril de 2016 (GDPR) e a Lei Orgánica 3/2018 de 5 de decembro (LOPDGDD) relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratameento de datos personais e á libre circulación destos datos detallado no Aviso legal e a Política de privacidade do sitio web.
b. Pago a través de Stripe
Aceptamos pagos con tarxetas de crédito e débito Visa, Mastercard e American Express.
Que é Stripe?
Stripe é un servizo que permite realizar pagos con tarxeta en liña sen necesidade de manexar nós os datos individuais da tarxeta. Os principais beneficios de usar Stripe son:
* A información da súa tarxeta é procesada por Stripe e non por nós. Se algo caracteriza a Stripe é que é famoso pola súa seguridade de datos, o que é o convirte en líder na industria.
* Stripe, permite completar o pago desde o sitio web de www.mercadomarin.com , polo que non necesita saltar a varias páxinas de pago para realizar uhna transacción simple.
En calquera momento, a Praza de Abastos de Marín, pode modificar as fórmulas de pago.
TRAMITACIÓN DO PEDIDO
Unha vez que elixas todos os produtos que verás no teu carriño, tramitarase o pedido. A continuación, efectuarase o pago seguindo o proceso de compra e cubrindo a información que che pedimos.
Durante o proceso de compra, e antes de realizar o pago, poderás modificar os datos do teu pedido.
Ao facer clic en «Realizar pedido» estás confirmando que a tarxeta de crédito/débito é túa. Recordámosche que as tarxetas de crédito poden estar suxeitas a comprobacións e autorizacións por parte da entidade emisora das mesmas. En caso de que a entidade non autorizase o pago, non nos faremos responsables por ningún retraso ou falta de entrega.